Prezos
Contacto
Libro de Visitas
Tempo
Visita Caurelor
Descubre como chegar
 

O pobo de Vilar do Lor atópase nun lugar situado ao norte de Quiroga, que xunto con pobos de Bustelo, Lamas, Xestoso e  Soan forman a comarca denominada "a montaña".

Situada no máis alto, desde aquí descende unha estrada por un val encaixado ata atoparse co Val do Courel.


sendero

Entre a vexetación abundan os castiñeiros, carballos, encinares, piñeirais, acivros, avelaneiras e sobreiras, a vexetación baixa está formada por piornos, brezos, carqueixa e toxos, entre outros. Esta vexetación alberga especies como os raposos, lobos, xabaríns, coellos, lebres e corzos. Nos rios é moi apreciada a troita e as anguílas.

A arquitectura das casas está formada por muros de lousa con tellados construídos tamén do mesmo material. Estas terras contan cun rico e variado patrimonio: construcións megalíticas en Quintá de Lor e Vilar de Lor; castros e restos romanos; arquitectura relixiosa, civil e militar.

Aqui pódense practicar deportes como o sendeirismo, espeleoloxía, parapente, a caza e a pesca.

A agricultura e a gandería son as principais actividades económicas desta comarca e nos vales cultívase a vide.

A gastronomía basase nos productos naturais da terra, o porco foi dende sempre a principal base alimenticia, así como os produtos da horta, a caza e a pesca. Os ricos viños da comarca están catalogados dentro da denominación de orixe Ribeira Sacra.

Os froitos naturais como as noces, a castaña e o mel, serven para preparar as súas deliciosas sobremesas e licores.

Vilar Do Lor é un lugar ideal para atopar a tranquilidade e gozar dunha atmosfera limpa e apracible. Charlando coas súas xentes, un atópase como na casa e vánselle as horas sen darse conta. Aquí o visitante poderá pasear polos camiños e contemplar os mellores atardeceres que recorde.

*máis información en http://www.esgalicia.com

Valid XHTML 1.0 Transitional
 
Español | Galego | English
http://www.casabonifacio.es/precios_g.html